Cogordos
A Asociación
Opcións
Información
Cociña 
Luns de Outono 
Semana Micolóxica 
Exposicion Anual
VII Semana Micolóxica 2007
 
 
 
 
 
 
Novas
» Viño de despedida do ano micolóxico 2009

O venres día 18 de decembro faremos o viño de despedida do ano <IMG SRC='modulos/Blog/gfx/icon_embarrest.gif'> no local social de Parada Justel. Feliz tempada micolóxica de Outono.

Enviado por cogordos o 06 de Outubro do 2009 as 21:50
0 Comentarios
» Exposición de cogomelos 2009
O domingo día 22 de novembro faremos a exposición de cogomelos no salón nobre do Liceo. A preparación desta farémola como en anos anteriores na terraza anexa a dito salón, entre as 16:00 horas e as 20:00 horas do sábado 21 de novembro. Prégamos que os cogomelos cheguen o mellor preparados posible (cestas, caixas....) e os entregudes ao persoal encargado da súa clasificación, se pode ser antes das 19:00 horas. Tamén é necesario traer algún musgo, follas....para acondicionalas o mellor posible.
Enviado por cogordos o 06 de Outubro do 2009 as 21:47
0 Comentarios
» Magosto micolóxico 2009

O domingo día 8 de novembro celebraremos o magosto micolóxico a partires das 10 horas da mañá. Farémolo nos terreos da sociedade ubicados en Montecelo (Nogueira de Ramuin). A inscrición para asistir faráse, ou o día 18 de outubro na excursión, ou nas reunións dos luns de data 19 e 26 de outubro e 2 de novembro como data tope. Este ano a xunta directiva acordou estipular unha cantidade simbólica en concepto de axuda (posiblemente 3 € por persoa)

Enviado por cogordos o 06 de Outubro do 2009 as 21:43
0 Comentarios
» Excursión micolóxica do Outono 2009

O domingo día 18 de outubro, realizaremos unha excursión para recoller cogomelos e pasar un día de campo todos xuntos. O autocar finánciao a sociedade. Este ano imos ao Monte Sirella (O Grove), onde xantaremos no restaurante La Portuguesa (Dena) sendo o prezo do menú para os participantes de 15 euros/persoa. Pola tarde visitaremos o mosteiro de Armenteira. Data tope de inscrición: reunión do martes 13 de outubro no local social.<IMG SRC='modulos/Blog/gfx/icon_wink.gif'>

Enviado por cogordos o 06 de Outubro do 2009 as 20:43
0 Comentarios
» OUTONO MICOLÓXICO OURENSE 2009

Dentro do outono micolóxico, encadramos o programa de actividades culturais nas que incluimos, ademais de conferencias micolóxicas, exposicións de cogomelos e tertulias micolóxicas a X SEMANA MICOLÓXICA OURENSÁ que se celebrará do 17 ao 20 de novembro. Próximamente publicaremos na páxina os pormenores desta.Laughing

Enviado por cogordos o 06 de Outubro do 2009 as 20:37
0 Comentarios
© Cogordos |  Confidencialidade  |  29-07-2010 | 1 usuarios activos  Virtual ciber