• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • De volta das vacacións de Nadal, este luns reiniciaremos as nosas xuntanzas micolóxicas. Falaremos sobre a programación que temos pensado para o inverno - primavera e que iremos dando a coñecer en próximas datas.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
     
    Este luns daremos por rematadas as xuntanzas por este ano, polo cal teremos un viño despedida de ano para todos os socios que se pasen polo local social.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

     (Actividade para socios).
     

    A próxima xuntanza será o luns 11 de xaneiro de 2016, polo cal o Presidente e a xunta directiva deséxavos unas felices festas a todos os socios e público en xeral.  
    Este luns continuaremos co tema  "identificación de cogomelos". Trataremos de identificar a especie dun exemplar, elixido polos asistentes,  a partir dos datos que vamos observando e anotando na ficha de identificación. Para ver ou imprimir o contido da ficha en branco PREMER AQUÍ

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta)

    Lembrade que o luns día 14 de decembro será o viño despedida de ano (Actividade para socios). 
    Este luns continuaremos co tema  "identificación de cogomelos". Trataremos de identificar a especie dun exemplar, elixido polos asistentes,  a partir dos datos que vamos observando e anotando na ficha de identificación. Para ver ou imprimir o contido da ficha en branco PREMER AQUÍ

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).

     
    Este luns continuaremos co tema  "identificación de cogomelos". Trataremos de identificar a especie dun exemplar, elixido polos asistentes,  a partir dos datos que vamos observando e anotando na ficha de identificación. Para ver ou imprimir o contido da ficha en branco PREMER AQUÍ

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta). 
    Este domingo teremos a exposición dos cogomelos recollidos no entorno da cidade.

    O lugar da exposición será no salón do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal pero facendo a entrada pola alameda do concello)

    Aberta ó público dende as 10:00 ata as 14:00 e dende as 16:00 ata 20:30

    (Actividade libre e gratuíta). 
     
    Este día terémolo dedicado ás labores de  preparación da exposición dos cogomelos que faremos mañá domingo.

    Polo tanto aquelas persoas que queiran aportar algún exemplar de cogomelos que recollesen deberán facelo entre as 16 horas e as 17 horas (entre as 4 e as 5 da tarde) deste día (Sábado 21 de novembro), fora deste horario non se recollerán exemplares para ser expostos. Ditos cogomelos entregaranse as persoas encargadas da súa recepción no salón do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal pero facendo a entrada pola alameda do concello).

    Os exemplares deberán recollerse enteiros,  en bo estado de conservación e traelos o mellor preparados posible (en cestas, cucuruchos de papel, caixas, etc) e como máximo dous ou tres exemplares de cada especie. 
    Para rematar o ciclo de conferencias da XVI Semana Micolóxica Ourensá neste día  José Manuel Castro Marcote será quen nos falará sobre "Cogomelos comestibles e posibles confusións".

    O final do acto ofrecerase ós participantes un aperitivo baseado en cogomelos e productos dos nosos colaboradores.

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Seguindo coa XVI Semana Micolóxica Ourensá no día de  hoxe Antonio Saco Cid tentará de explicarnos unha "Pautas de identificación de cogomelos: Primeiro o xénero"

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta). 
     
    Comezamos coa XVI Semana Micolóxica Ourensá. Hoxe Juan José Martínez Álvarez falaranos sobre "Métodos de conservación dos cogomelos".

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta)
     
    Páxinas: Primeiro ... 13 14 15 16 17 ... Último 
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica