• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • De volta das vacacións de Nadal, este luns reiniciaremos as nosas xuntanzas micolóxicas. Continuaremos falando das"Consideracións xenerais sobre os fungos", Comezaremos cun repaso o que fomos vendo no outono pasado e continuaremos ampliando coñecementos sobre o tema.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    En próximos luns temos pensado falar sobre conceptos moi básicos de microscopía e posiblemente deica a primavera trataremos o tema de cartografía aplicada a recollida de cogomelos. Xa iremos comunicando as actuacións en sucesivos luns.

     
    Este luns daremos por rematadas as xuntanzas por este ano, polo cal teremos un viño despedida de ano para todos os socios que se pasen polo local social.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

     (Actividade para socios).
     

    A próxima xuntanza será o luns 12 de xaneiro de 2015, polo cal o Presidente e a xunta directiva deséxavos unas felices festas a todos os socios e público en xeral. 
    Como o luns día 8 de decembro é festivo, a reunión deste día pasámola o martes 9 de decembro. Neste día continuaremos tratando sobre a sección que chamamos  "Consideracións xenerais sobre os fungos". Nela trataremos distintos temas sobre identificación tanto macroscópica como microscópica dos fungos. Na parte microscópica tentaremos facelo de forma moi básica para irnos familiarizando co seu léxico.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).

    Lembrade que o luns día 15 de decembro será o viño despedida de ano (Actividade para socios).
     
     
    Este luns vamos a comezar unha sección que denominaremos "Consideracións xenerais sobre os fungos", na que trataremos distintos temas sobre identificación tanto macroscópica como microscópica dos fungos. Na parte microscópica tentaremos facelo de forma moi básica para irnos familiarizando co seu léxico.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Este luns continuaremos a falar: sobre como identificar aqueles cogomelos tóxicos que nos provocan intoxicacións que chamaremos "de período corto de latencia" (os síntomas da intoxicación aparecen as poucas horas de ser consumidos)  e as consecuencias de dita intoxicación, ou ben sobre "Aspectos particulares da micoloxía".  (Actividade libre e gratuíta).

     
    Este domingo teremos a exposición dos cogomelos recollidos no entorno da cidade.

    O lugar da exposición será no salón do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal pero facendo a entrada pola alameda do concello). 

    Aberta ó público dende as 10:00 ata as 14:00 e dende as 16:00 ata 20:30. 

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Este día terémolo dedicado ás labores de  preparación da exposición dos cogomelos que faremos mañá domingo.

    Polo tanto aquelas persoas que queiran aportar algún exemplar de cogomelos que recollesen deberán facelo entre as 16 horas e as 17 horas (entre as 4 e as 5 da tarde) deste día (Sábado 22 de novembro), fora deste horario non se recollerán exemplares para ser expostos. Ditos cogomelos entregaranse as persoas encargadas da súa recepción no salón do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal pero facendo a entrada pola alameda do concello).

    Os exemplares deberán recollerse enteiros,  en bo estado de conservación e traelos o mellor preparados posible (en cestas, cucuruchos de papel, caixas, etc) e como máximo dous ou tres exemplares de cada especie.
     
    Para rematar o ciclo de conferencias neste día  José Manuel Castro Marcote será quen nos falará sobre "Introdución os ascomicetes".

    O final do acto ofrecerase ós participantes un aperitivo baseado en cogomelos e productos dos nosos colaboradores.

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Seguindo coa XV Semana Micolóxica Ourensá no día de  hoxe Antonio Saco Cid tentará de explicarnos unha "Visión xeral dos cogomelos"

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Comezamos coa XV Semana Micolóxica Ourensá. Hoxe Jaime Bernardo Blanco Dios falaranos sobre "Cogomelos das carballeiras e soutos".

    Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)

    Hora: 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).
     
    Páxinas: Primeiro ... 18 19 20 21 22 ... Último 
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica