• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • Non olvidedes que se precisan socios para colaborar nas diferentes actividades que se van a realizar. Así mesmo nos próximos meses está previsto realizar saídas aos terreos da sociedade (os pormenores destas saídas serán acordados nas reunións dos luns no local social). Tamén estába previsto realizar unha excursión de outono, pero debido ás condicións meteorolóxicas foi suspendida. Nas reunións dos luns acordaráse unha nova data.  
    O luns día 16 de decembro faremos no local social un viño de despedida da tempada 
    O domingo día 17 de novembro, organizaremos a tradicional exposición de cogomelos no Liceo de Ourense. A preparación da mesma faremola como en anos anteriores entre as 16:00 horas e as 20:00 horas do sábado día 16 de novembro. Pregamos que os cogomelos cheguen o mellor preparados posible (en cestas, caixas...) e que os entreguedes ao persoal encargado da súa clasificación, antes das 17:00 horas.  
    O domingo día 3 de novembro a partir das 10:00 h. faremos nos terreos da sociedade ubicados en Montecelo (Nogueira de Ramuín) o tradicional magosto. A inscrición para asistir farase nas reunións dos luns sendo a data tope o día 28 de outubro. Este ano a xunta directiva acourdou estipular unha cantidade (posiblemente 5 euros/persoa adulta) en concepto de axuda. 
    O luns día 28/10/2013 ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria terá lugar no local social sito na rúa Parada Justel, 2 (soto, antigo bar O Pote) a asamblea xeral ordinaria 
    Páxinas: Primeiro ... 20 21 22 23 24 
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica