• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O LUNS 11 DE MAIO DE 2015

    Este luns falaremos sobre "cogomelos que podemos atopar na primavera e como recoñecelos". Como ven sendo habitual repasaremos as características dos mesmos e posibles confusións con outros semellantes.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta).

    Por outra banda dicir que queda cerrada para os socios a inscripción o  "Curso de  cartografía, orientación e navegación terrestre con GPS" .  O curso empezará o XOVES 28 de maio de 2015 , de todos modos en breve daremos a coñecer o calendario do mesmo. (Actividade para socios).

    Tamén dicir que a saída as nosas instalacións (parque mico-botánico) de Montecelo (Nogueira de Ramuín) podería ser ou ben o sábado 16  ou o domingo 17 de maio de 2015 (acordarémolo  este luns 11 de maio de 2015 entre os que estades interesados en asistir, polo que é necesario anotarse como tope este luns). (Actividade para socios).

    Por último recordar que a saída de primavera será o domingo 24 de maio de 2015, polo tanto, os interesados teranse que anotar como data tope o luns 18 de maio de 2015 (Actividade para socios).
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica