OUTONO MICOLÓXICO OURENSE 2015
Baixo o título de Outono Micolóxico de Ourense, englobamos o programa de actividades culturais na que incluímos, ademais de conferencias micolóxicas, a exposición de cogomelos e as charlas micolóxicas así como a XVI Semana Micolóxica Ourensá, que se celebrará do 18 ao 22 de novembro.
As actividades previstas son:
O domingo día 18 de outubro, realizaremos unha excursión para recoller cogomelos e pasar un día de campo todos xuntos. Os pormenores da mesma (xantar, percorrido...así como a zona onde temos pensado ir) comunicaranse nas reunións dos luns 05/10/2015 e 13/10/2015 (data improrrogable). Os que queiran asistir, teñen que inscribirse obrigatoriamente (tanto para o autocar como para a comida) como data límite o día 13.
O luns día 26 de outubro, ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, no local social (rúa Parada Justel, 2- Soto, antigo Bar O Pote), celebrarase a asemblea xeral ordinaria coa seguinte orde do día:
-
lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-
memoria de actividades da temporada 2014-2015
-
estado das contas
-
actividades a realizar na temporada 2015-2016
-
pregos e cuestións
O domingo día 8/11/2014, celebrarase o magosto micolóxico, a partires das 10:00 horas da mañá. Farémolo nos terreos da sociedade situados en Montecelo (Nogueira de Ramuín). A inscrición para asistir farase nas reunións dos luns días 19 e 26 de outubro e o martes 3 de novembro (por ser o luns 2 festivo e pasar a reunión para este día), como data tope. Como outros anos a xunta directa acordou estipular unha cantidade (posiblemente 8 euros por persoa adulta) en concepto de axuda.
O domingo día 22/11/2015, terá lugar a exposición de cogomelos no Liceo de Ourense. A preparación da mesma farémola como en anos anteriores no Liceo, entre as 16:00 horas e as 21:00 horas do sábado día 21 de novembro. Prégase que os cogomelos cheguen o mellor preparados que se poida e que se entreguen ao persoal encargado da súa clasificación e colocación, antes das 17:00 horas. Tamén é conveniente traer algún musgo, follas....para acondicionar as setas o mellor posible.
Por último, o luns día 14/12/2015 farase un viño de despedida do ano, acto que terá lugar no local social.