• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O LUNS 20 DE XUÑO DE 2016

    Este luns falaremos sobre "A identificación dos cogomelos así como identificar o tipo de vexetación (árbores ou arbustos) a que está ligado". Veremos algunha especie de primavera, dentro  das aproximadamente 70 especies que trataremos de estudar. Como ben sabedes primeiro teremos que facer a ficha a partir dos datos que vamos observando no exemplar. Para ver ou imprimir o contido da ficha en branco   PREMER AQUÍ

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta)


    Lembrar que o vindeiro  sábado 25 de xuño de 2016, teremos a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán).  Os interesados en asistir  a mesma teranse que anotar. Non esquezades que este  luns 20 de xuño de 2016 é o último día para anotarse.(Actividade para socios).
     

    Por último anunciar que pra o mes de outubro temos pensado facer un "curso básico de iniciación a micoloxía". Xa iremos anunciando os días e horas, así como demais datos: Prazo para facer a matrícula, importe da mesma, etc, etc (Actividade para socios e público en xeral, suxeita a inscrición previa e pago de matrícula).
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica