• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O LUNS 27 DE XUÑO DE 2016

    Este luns repasaremos as técnicas para fotografar os cogomelos e dentro destas como resaltar o colorido das mesmas.

    Lugar: No noso local social (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense)

    Hora: A partires das 8 do serán (20,00 horas)

    (Actividade libre e gratuíta)
    .

    Con este luns damos por finalizada a temporada de inverno-primaveira. Os meses de xulio e agosto collemos vacacións polo que volveremos a retomar as actividades o luns 5 de setembro de 2016.

    Por último anunciar que para o mes de outubro de 2016 temos pensado facer un "curso básico de iniciación a micoloxía". As datas do curso serán: 
    3, 4, 5, 6, 7 , 10, 11, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de outubro de 2016 de 17 a 19 horas ( 5 a 7 da tarde) e o sábado 29 de outubro de 2016 a clase práctica con saída guiada (Duración total do curso 40 horas).
    O prazo para facer a matrícula  comenzará o Luns 12 de setembro e rematará o luns 26 de setembro de 2016 (ámbolos dous incluídos).
    Os interesados deberán ir o local social da asociación  (rúa Parada Justel, 2- Soto - Ourense), onde cubrirán o formulario e abonarán os gastos de matrícula. Solo os luns a partires das 8 do serán (20,00 horas).
    Os socios terán unha bonificación do 50% do importe do curso.
    Calquer outra aclaración sobre este curso, os luns no noso local social. (Actividade para socios e público en xeral, suxeita a inscrición e pago de matrícula).


    Os compoñentes da asociación e en particular a directiva, deséxavos a todos un bo verán.
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica