TALLER PARA IDENTIFICACIÓN DE COGOMELOS, PREVISIÓN PARA O LUNS 24 DE MARZO DE 2014
Este luns faremos unha nova práctica semellante a da semana pasada. Xa sabedes, consistirá en que a partires dunha serie de datos dunha especie que nos facililará o monitor, intentaremos chegar a identificación da especie en cuestión, seguindo unha marcha concreta (clave de identificación). O obxetivo é tratar de familiarizarse coas claves de identificación de cogomelos.