• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O LUNS 15 DE SETEMBRO DE 2014

     Como sabedes na pasada primavera comezamos unhas charlas sobre   "a natureza dos fungos"  e  continuamos con  outras sobre "Os fungos no ecosistema"  hasta finais de xuño, data en que dimos por concluída a temporada de inverno-primavera e por tanto a temporada micolóxica 2013-2014.

    O pasado luns día 8 de setembro, comezamos novamente as reunións, despois do descanso dos meses de xullo e agosto e por tanto a nova temporada micolóxica 2014-2015. Dentro desta damos paso a parte de outono-inverno que como sabedes é na época que mais actividades programamos por ser os meses mais idóneos para a aparición de cogomelos nos nosos montes e campos.

    Polo tanto, este luns retomaremos as charlas que deixamos na temporada anterior facendo un repaso de todo o que vimos ao  longo da primavera pasada, para en sucesivos luns seguir avanzando na materia. Si non damos repasado todo este luns fariámolo o seguinte.

    Anímovos a que asistades as mesmas xa que é unha materia moi interesante e que todos os amantes de este "mundillo" deberíamos coñecer.

    Seguiremos informando das distintas actividades previstas para sucesivas datas.

    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica