• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O LUNS 22 DE SETEMBRO DE 2014

    O luns pasado e para entrar en materia, fixemos un repaso de todo o que vimos ao  longo da primavera pasada tanto sobre o tema   "a natureza dos fungos"  como sobre "Os fungos no ecosistema".  

    Este luns seguiremos co tema "Os fungos no ecosistema".  Continuaremos vendo a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogomelos que estarían relacionados con eles . Posiblemente, e si temos cogomelos, faremos unha práctica consistente en cubrir unha ficha coas características macroscópicas dun cogomelo elixido entre os que se aporten para despois tratalo de identificar seguindo unha marcha concreta (clave de identificación), exercicio moi útil para familiarizarse co manexo das claves de identificación. Esta charla comezará sobre as 8,30  do serán (mais ou menos) no local social da asociación (Parada Justel nº 2 soto, "fronte ao edificio de correos da Alameda). (Actividade libre e gratuíta)

    Anunciamos que en sucesivos luns iremos comunicando as distintas actividades previstas para este temporada.


    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica