Comezamos coa XV Semana Micolóxica Ourensá. Hoxe Jaime Bernardo Blanco Dios falaranos sobre "Cogomelos das carballeiras e soutos".
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)
Hora: 8 do serán (20,00 horas)
(Actividade libre e gratuíta).
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal)
Hora: 8 do serán (20,00 horas)
(Actividade libre e gratuíta).
Este luns continuaremos a falar: sobre como identificar aqueles cogomelos tóxicos que nos provocan intoxicacións que chamaremos "de período corto de latencia" (os síntomas da intoxicación aparecen as poucas horas de ser consumidos) e as consecuencias de dita intoxicación, ou ben sobre "Aspectos particulares da micoloxía". (Actividade libre e gratuíta).
Non esquecer que nesta semana a partires do mércores 19 de novembro comezamos coa XV Semana Micolóxica Ourensá, e o domingo 23 de novembro teremos a exposición de cogomelos, (Actividade libre e gratuíta). Para ver mais PREMER AQUI

Este luns falaremos sobre como identificar aqueles cogomelos tóxicos que nos provocan intoxicacións que chamaremos "de período corto de latencia" (os síntomas da intoxicación aparecen as poucas horas de ser consumidos) e as consecuencias de dita intoxicación. (Actividade libre e gratuíta).
Non esquecer que na semana do 17 ao 23 de novembro teremos a semana micolóxica e a exposición de cogomelos (Actividade libre e gratuíta). Irase comunicando os pormenores en sucesivas datas. Para ver mais PREMER AQUI

Este domingo faremos o magosto micolóxico da asociación. A partires das 10:00 horas da mañá estaremos nas nosas instalacións situadas no monte propiedade da asociación no pobo de Montecelo (Nogueira de Ramuín) onde pasaremos unha xornada de lecer ao mesmo tempo de saír polos arredores en busca de cogomelos (Actividade para socios previa inscrición).
Este luns aproveitando a temporada alta dos cogomelos, vamos iniciar unha nova sección que chamaremos "Consideracións sobre cogomelos". O que faremos será que a vista dos cogomelos que recollamos nos días anteriores e que aportamos na reunión, colleremos aqueles mais significativos ben sexa por interés de diferenciación con outros semellantes ou por outros motivos e estudarémoslle aquelas características mais importantes para o seu recoñecemento seguindo un protocolo para tratar de chegar a súa identificación. (Actividade libre e gratuíta).
Por outra banda non esquezades que este luns e o derradeiro día para anotarse o magosto da asociación do próximo domingo 9 de novembro. (Actividade para socios).
Como ben sabedes este luns teremos a correspondente asemblea xeral ordinaria a partir das 20.15 horas (segunda convocatoria), polo que pedimos a máxima asistencia e participación, xa que é o momento de expoñer as vosas inquietudes e dar as opinións sobre as distintas actividades que se levan a cabo na asociación.
O finalizar a asemblea, e si temos tempo suficiente, trataremos de comentarvos cales serían ás características macroscópicas mais importantes en que nos teríamos que fixar para tratar de identificar e separar aquelas especies que por a súa similitude podan presentar confusión de entre aqueles exemplares que aportedes este dia . (Actividade libre e gratuíta).
Lembrade que o domingo día 9 de novembro teremos o magosto da asociación. Para todos os que estades interesados en asistir, dicir que tratedes de anotarse o antes posible. (Actividade para socios)

Este luns trataremos de resaltar ás características macroscópicas máis importantes para distinguir o xénero Tricholoma do Xénero Russula, e incluso a nivel de algunha especie dos mesmos. É dicir, facer unha comparativa entre estes dous xéneros. Si temos tempo faremos unha nova práctica de identificación de algunha especie das que se aporten na reunión. (Actividade libre e gratuíta).
Lembrade que o domingo día 9 de novembro teremos o magosto da asociación, polo cal ide pensado para anotarvos os que estiveses interesados en asistir o mesmo.
Lembrade que o domingo día 9 de novembro teremos o magosto da asociación, polo cal ide pensado para anotarvos os que estiveses interesados en asistir o mesmo.
Este domingo realizaremos unha excursión para recoller cogomelos e pasar un día de campo todos xuntos. Os pormenores da mesma (xantar, percorrido...así como a zona onde temos pensado ir) comunicarase na reunión do luns 13/10/2014 Os que queiran asistir, teñen que inscribirse obrigatoriamente (tanto para o autocar como para a comida). Data improrrogable para anotarse 13/10/2014. (Actividade para socios).
Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogomelos que estarían relacionados con eles.
O mesmo tempo faremos unha nova práctica de identificación de unha especie que, como en outras ocasións, consistirá en que a partir dos datos que anotamos na ficha do cogomelo que eliximos entre os que se trouxeron para a súa identificación, seguindo unha marcha concreta (clave de identificación) intentaremos chegar a identificar dita especie. (Actividade libre e gratuíta).
Mais abaixo, e co título de Outono Micolóxico Ourense 2014, podeder ver as actividades previstas para os meses de outubro, novembro e decembro.
Por último recordarvos que este luns día 13 é o último día para anotarse para a excursión do próximo domingo 19 de outubro.

Baixo o título de Outono Micolóxico de Ourense, englobamos o programa de actividades culturais na que incluímos, ademais de conferencias micolóxicas, a exposición de cogomelos e as tertulias micolóxicas así como a XV Semana Micolóxica Ourensá, que se celebrará do 19 ao 23 de novembro.
As actividades previstas son:
O domingo día 19 de outubro, realizaremos unha excursión para recoller cogomelos e pasar un día de campo todos xuntos. Os pormenores da mesma (xantar, percorrido...así como a zona onde temos pensado ir) comunicaranse nas reunións dos luns 06/10/2014 e 13/10/2014 (data improrrogable). Os que queiran asistir, teñen que inscribirse obrigatoriamente (tanto para o autocar como para a comida) como data límite o día 13.
O luns día 27 de outubro, ás 19:45 horas en primeira convocatoria e ás 20:15 horas en segunda convocatoria, no local social (rúa Parada Justel, 2- Soto, antigo Bar O Pote), celebrarase a asemblea xeral ordinaria coa seguinte orde do día:
-
lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-
memoria de actividades da temporada 2013-2014
-
estado das contas
-
actividades a realizar na temporada 2014-2015
-
pregos e cuestións
O domingo día 9/11/2014, celebrarase o magosto micolóxico, a partires das 10:00 horas da mañá. Farémolo nos terreos da sociedade situados en Montecelo (Nogueira de Ramuín). A inscrición para asistir farase nas reunións dos luns días 13, 20 e 27 de outubro, como data tope. Como outros anos a xunta directa acordou estipular unha cantidade (posiblemente 8 euros por persoa adulta) en concepto de axuda.
O domingo día 23/11/2014, terá lugar a exposición de cogomelos no Liceo de Ourense. A preparación da mesma farémola como en anos anteriores no Liceo, entre as 16:00 horas e as 21:00 horas do sábado día 22 de novembro. Prégase que os cogomelos cheguen o mellor preparados que se poida e que se entreguen ao persoal encargado da súa clasificación e colocación, antes das 17:00 horas. Tamén é conveniente traer algún musgo, follas....para acondicionar as setas o mellor posible.
Por último, o luns día 15/12/2014 farase un viño de despedida do ano, acto que terá lugar no local social.