• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • Este luns continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogomelos que estarían relacionados con eles. 

    O mesmo tempo remataremos a práctica iniciada o luns pasado. Trataremos de identificar a especie,  a partir dos datos que anotamos na ficha do cogomelo que eliximos entre os que se trouxeron para a súa identificación, seguindo unha marcha concreta (clave de identificación).  (Actividade libre e gratuíta).

    En sucesivos luns iremos comunicando as distintas actividades previstas para este temporada. Adiantarvos que posiblemente a saída de outono podería ser o domingo 19 de outubro de 2014, pero xa o confirmaremos proximamente.
     
    O luns pasado e para entrar en materia, fixemos un repaso de todo o que vimos ao  longo da primavera pasada tanto sobre o tema   "a natureza dos fungos"  como sobre "Os fungos no ecosistema".  

    Este luns seguiremos co tema "Os fungos no ecosistema".  Continuaremos vendo a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogomelos que estarían relacionados con eles . Posiblemente, e si temos cogomelos, faremos unha práctica consistente en cubrir unha ficha coas características macroscópicas dun cogomelo elixido entre os que se aporten para despois tratalo de identificar seguindo unha marcha concreta (clave de identificación), exercicio moi útil para familiarizarse co manexo das claves de identificación. Esta charla comezará sobre as 8,30  do serán (mais ou menos) no local social da asociación (Parada Justel nº 2 soto, "fronte ao edificio de correos da Alameda). (Actividade libre e gratuíta)

    Anunciamos que en sucesivos luns iremos comunicando as distintas actividades previstas para este temporada.

     
     Como sabedes na pasada primavera comezamos unhas charlas sobre   "a natureza dos fungos"  e  continuamos con  outras sobre "Os fungos no ecosistema"  hasta finais de xuño, data en que dimos por concluída a temporada de inverno-primavera e por tanto a temporada micolóxica 2013-2014.

    O pasado luns día 8 de setembro, comezamos novamente as reunións, despois do descanso dos meses de xullo e agosto e por tanto a nova temporada micolóxica 2014-2015. Dentro desta damos paso a parte de outono-inverno que como sabedes é na época que mais actividades programamos por ser os meses mais idóneos para a aparición de cogomelos nos nosos montes e campos.

    Polo tanto, este luns retomaremos as charlas que deixamos na temporada anterior facendo un repaso de todo o que vimos ao  longo da primavera pasada, para en sucesivos luns seguir avanzando na materia. Si non damos repasado todo este luns fariámolo o seguinte.

    Anímovos a que asistades as mesmas xa que é unha materia moi interesante e que todos os amantes de este "mundillo" deberíamos coñecer.

    Seguiremos informando das distintas actividades previstas para sucesivas datas.
     

    Logo de finalizar as vacacións de verán, comezamos  unha nova temporada micolóxica. Neste luns falaremos da programación para a nova temporada.
     
    Continuaremos informándovos a través desta páxina das actividades previstas para sucesivas datas.
     

     
    Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogomelos que estarían relacionados con eles . (Actividade libre e gratuíta).

    Con este luns damos por finalizada a temporada de inverno-primaveira. Os meses de xulio e agosto collemos vacacións polo que volveremos a retomar as actividades o luns 8 de setembro de 2014.

    Os compoñentes da asociación e en particular a directiva, deséxavos a todos un bo verán.
     
    Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogumelos que estarían relacionados con eles . (Actividade libre e gratuita).

     
    Como xa vimos anunciando en luns anteriores, o sábado día 21 de xuñfaremos unha saída, a partir das 8,00 horas do serán (tarde-noite) á finca dos Cogordos (Montecelo) para a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán).  Os pormenores da mesma acordarémolos na reunión do luns día 16 de xuño de 2014.   
    Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogumelos que estarían relacionados con eles . (Actividade libre e gratuita).

    Lembrade que o próximo sábado 21 de xuño, teremos a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán).  Este luns acordaremos os pormenores da mesma. Os que estedes interesados en asistir, sería moi importante que estiveses nesta reunión. Tamén os recordo que é o derradeiro día para anotarse (non se admitirán anotacións con posterioridade a esta data). É moi importante facelo (por motivos de intendencia).
     
    Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogumelos que estarían relacionados con eles . (Actividade libre e gratuita).

    Lembrade que o sábado 21 de xuño, teremos a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán).  Na reunión deste luns xa podedes anotaros. 
     
    Continuaremos co tema "Os fungos no ecosistema". Seguiremos vendo, como en luns anteriores, a maneira de recoñecer diversos árbores e plantas e os tipos de cogumelos que estarían relacionados con eles . (Actividade libre e gratuita).

    Lembrade que o sábado 21 de xuño, teremos a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán).  Xa vos iremos informando.


     
    Páxinas: Primeiro ... 20 21 22 23 24 ... Último 
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica