Como xa vimos anunciando, este domingo teremos a saída de primavera. Faremos unha andaina polos arredores da finca da sociedade en (Montecelo) (aproximadamente hora e media ou duas horas). Recolleremos cogomelos (si os atropamos, claro está) e remataremos cun xantar (a poder ser con cogomelos na súa elaboración) nas nosas instalacións. Os pormenores da mesma comunicaranse na reunión do luns 19 de maio (último día para anotarse) no local social, polo que sería de interese que asistades a esa reunión os que estedes interesados en dita saída.
Tamén xa vos comunicamos que o sábado 21 de xuño de 2014, teremos a despedida da temporada de inverno-primaveira (sardiñada de San Xoán). En posteriores datas xa iremos informando.
Lembar que este luns é o último día para anotaros,os que estedes interesados, para asistir a saída de primavera do próximo domingo 25 de maio. (Prazo improrrogable).
Este luns xa podedes anotaros, os que estedes interesados en asistir, a saída de primavera do próximo domingo 25 de maio.
Tamén xa podemos deciros que a saída de primavera será o próximo domingo 25 de maio. Todos aqueles que estedes interesados en realizar a saída teredes que anotaros no local social na reunión do luns día 12 de maio ou o luns 19 de maio (prazo improrrogable).
Tamén vamos anunciando que posiblemente a saíde primavera será para o penúltimo ou último domingo de maio. Mais adiante concretaremos o día, pero é para que fagades as vosas previsións.
Si algún socio quere asistir a dita clase, deberá comunicalo telefonicamente o sr. presidente como mais tardar o xoves 24 de abril (obligatoria a comunicación).
Como o próximo lunes 14 de abril coincide na Semana Santa, acordamos que a reunión dese día queda suprimida. Por tanto verémonos o seguinte luns 21 de abril
Este luns e para descansar un pouco de tanta información sobre cogomelos, pasaremos unha serie de fotos tanto de cogomelos que posiblemente empecen a aparecer ahora na primavera así como dalgunhas das actividades realizadas nas últimas datas. Posiblemente para despois de semana santa farease outra xuntanza no noso parque mico-botánico. Mais adiante concretaremos data.