Este luns e para descansar un pouco de tanta información sobre cogomelos, pasaremos unha serie de fotos tanto de cogomelos que posiblemente empecen a aparecer ahora na primavera así como dalgunhas das actividades realizadas nas últimas datas. Posiblemente para despois de semana santa farease outra xuntanza no noso parque mico-botánico. Mais adiante concretaremos data.
Este luns faremos unha nova práctica semellante a da semana pasada. Xa sabedes, consistirá en que a partires dunha serie de datos dunha especie que nos facililará o monitor, intentaremos chegar a identificación da especie en cuestión, seguindo unha marcha concreta (clave de identificación). O obxetivo é tratar de familiarizarse coas claves de identificación de cogomelos.
Logo do parentesis do luns 3 de marzo, o luns 10 de marzo, e seguindo coa identificación de cogomelos, trataremos de facelo seguindo unhas marchas (claves de identificación) de distintos autores que figuren en algúns dos libros de cogomelos que temos na sociedade.
Como o próximo lunes 3 de marzo coincide nos carnavales, acordamos que a reunión dese día queda suprimida. Por tanto verémonos o seguinte luns 10 de marzo.
O próximo día 11 de marzo (martes) dará comenzo o curso, que organiza a Universidade Popular de Ourense (Concellería de Educación), "Conservación e elaboración de receitas con cogomelos" e que se impartirá no noso local social de Parada Justel. Comunicannos que aínda quedan algunhas prazas libres, polo que os que estedes interesados en realizar o curso, pasedes pola Concellería de Educación (Praza San Martiño, nº 2 ,1º - Ourense; Telf.: 988 388 136) para realizar a matrícula. (Non vos demoredes moito xa que podense esgotar as prazas).
Para ver ou imprimir o contido da ficha en blanco PREMER AQUÌ.
Para ver ou imprimir o contido da ficha PREMER AQUÌ.
Continuando cas charlas sobre "taller para identificación de cogomelos", anunciado no seu momento e despois de xa ver nos luns anteriores as características do sombreiro e láminas nas setas con forma de paraguas (nas que entran a maioría das especies). O próximo luns (10 de febreiro), veremos o pe e as características que se encontran no mesmo (anel, tipos, etc). Tamén temos pensado dar, si temos tempo, nocións básicas do microscopio (co obxeto de que nos familiaricemos cos nombres das partes do microscopio e outros términos), en caso que non teñamos tempo esta parte irase pospoñendo a luns sucesivos. A hora de comenzo será sobre as 8,30 do serán (local social c/ Parada Justel 2 soto).