O pasado luns 27 de xaneiro de 2014 comenzamos co "taller para identificación de cogomelos" como ya anunciamos no seu momento. Comenzamos vendo as setas con forma de paraguas (nas que entran a maioría das especies), e dentro desta forma, os distintos aspectos da superficie do sombreiro. O próximo luns (3 de febreiro), continuaremos vendo o resto do sombreiro (parte inferior) e si nos da tempo continuaremos co pe. Tamén temos pensado comenzar cunhas nocións básicas do microscopio (co obxeto de que nos familiaricemos cos nombres das partes do microscopio e outros términos). Esperemos que nos sexa de utilidade estos coñecementos para a identificación dos cogomelos que recollamos. (sobre todo para os que empezan neste mundillo, e para os que xa están mais iniciados lle sirva de repaso). A hora de comenzo será sobre as 8,30 do serán (local social c/ Parada Justel 2 soto).
O luns 27 de xaneiro de 2014, comenzaremos un "Taller para identificación de cogomelos", dirixido os socios en particular e o público en xeral, sempre que estos últimos teñan unhos mínimos coñecementos en micoloxía. (A entrada é gratuita, limitada o aforo do local e con preferencia para os socios).
Este taller consistirá en que durante os luns de febreiro e parte de marzo de 2014, (incluido tamén o 27 de xaneiro), falarase dunha metodoloxía para identificación dos cogomelos, que todos os socios deberíamos seguir a hora de identificar os cogomelos que recollamos. Comenzaremos sobre as 8,30 do serán (mais ou menos) no local social da asociación (Parada Justel nº 2 soto, "frente o edificio de correos da Alameda), durando aproximadamente media hora a exposición.
Anímovos a todos a asistir a estar charlas porque vai ser unha maneira de cara o futuro de ter todos unha misma visión do tema que nos ocupa e que nos une a todos.
-
lectura e aprobación, se procede, da acta anterior
-
memoria de actividades da temporada 2012-2013
-
estado das contas
-
actividades a realizar na temporada 2013-2014
-
pregos e cuestións
O domingo día 3/11/2013, celebrarase o magosto micolóxico, a partires das 10:00 horas da mañá. Farémolo nos terreos da sociedade situados en Montecelo (Nogueira de Ramuín). A inscrición para asistir farase nas reunións dos luns días 21 e 28 de outubro, como data tope. Como outros anos a xunta directa acordou estipular unha cantidade (posiblemente 5 euros por persoa adulta) en concepto de axuda.
O domingo día 17/11/2013, terá lugar a exposición de cogomelos no Liceo de Ourense. A preparación da mesma farémola como en anos anteriores no Liceo, entre as 16:00 horas e as 21:00 horas do sábado día 16 de novembro. Prégase que os cogomelos cheguen o mellor preparados que se poida e que se entreguen ao persoal encargado da súa clasificación e colocación, antes das 17:00 horas. Tamén é conveniente traer algún musgo, follas....para acondicionar as setas o mellor posible.
Por último, o luns día 16/12/2013 farase un viño de despedida do ano, acto que terá lugar no local social.
Poden descargar o díptico con toda a información no seguinte enlace:
Díptico outono micolóxico.
Terá lugar dende o día 13 de novembro ao 17 de novembro de 2013.
Lugar das conferencias: Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal).
Hora das conferencias: 8 do serán (20,00 horas)
O día 13, mércores, D. Antonio Saco Cid comentaranos "Á nova normativa para a recollida de cogomelos en Galicia (O borrador do decreto de aproveitamentos micolóxicos en Galicia)".
O día 14, xoves, D. Juan José Martínez Alvarez impartirá unha conferencia sobre "Setas comestibles"
O día 15, venres, D. Julián Alonso Diaz será quen nos fale sobre o "Xenero Tricholoma". O final do acto ofrecerase ós participantes un aperitivo baseado en cogomelos e productos dos nosos colaboradores.
O día 17, domingo, no Liceo de Ourense exporanse as especies recollidas no entorno da cidade. Aberta ó público dende as 10:00 ata as 14:00 e dende as 16:00 ata 20:30..