Budin de arroz e netorras
INGREDIENTES:
2 Tazas (das do café ) de arroz.
2 cenorias.
Russulas ( ó gusto, pódese sustituír por calqueira outro cogumelo comestible).
Chícharos (unha lata pequena ou 250 gr.).
Bonito en escabeche (unha lata pequena).
4 Rebandas de xamón doce.
Sal, vinagre, aceite de oliva, allo, maionesa.
PREPARACIÓN:
Para decoración resevar unha rebanda de xamón doce e uns poucos chícharos despois de cocidos. Cocer o arroz, as cenorias e os chícharos (o arroz unha vez cocido pasalo por auga fría), e reservarlos. Laminar as russulas (ou os cogomelos que sustituímos) e refogalos nun pouco aceite e allo ( que non se pasen demasiado).
Cortar as restantes rebandas de xamón e as cenorias en dados pequenos.
Unha vez mesturado, pasalo a un molde (ó gusto), apretalo un pouco para que ligue ben a mestura e gardalo no frigorífico durante 5 ou 6 horas.
Desmoldalo e decorar coa fantasía do xamón cocido (cortalo dándolles a forma de cogomelos laminados) e os chícharos que reservaramos.
Servir frío.