Canelóns de língua de vaca
INGREDIENTES:
1 caixa de pasta para canelóns.
Hydnum repandum.
Salsa bechamel (ó facela engadirlle craterellus cornucopioides secos, en tiras ou en pó ).
PREPARACIÓN:
Cos cogomelos preparar un guiso e reservalo (salgalo ó gusto).
Cocer a pasta dos canelóns como indican as instruccións do envase.
Nunha bandexa colócanse e énchese cada canelón (co guiso dos cogumelos que temos reservados), logo cóbrense coa salsa bechamel (enriba da bechamel, se se quere, pódeselle pór queixo de fundir) e métese ó forno forte( 180º aproximadamente) durante 5 ou 7 minutos.
Retirar e servir quentes.