Gulas con cogomelos de choupo
INGREDIENTES (POR PERSOA):
200 grs. de “gulas”.
3 culleradas sopeiras de aceite de oliva.
2 dentes de allo.
100 grs. de cogomelos
Chile, sal.
PREPARACIÓN:
Nunha cazola ou tixola, refóganse, xunto cos allos picados e un chisco de sal, os cogomelos ata que solten o seu zume.
Cocíñanse á parte as “gulas”, con aceite ben quente, allo picado en láminas e chile, durante uns cinco minutos.
Mestúranse os cogomelos, xa preparados, coas “gulas”, tamén cociñadas, e sérvense, en tarteiriñas de barro individuais e ben quentes.
É preferible comelas con garfo de pau.
Nota: Pódese facer unha exquisita variación sustituíndo as “gulas” por meixóns.