• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • Pizza de matacandis






    INGREDIENTES PARA A MASA:
    600 grs. de fariña.
    1 noz de fermento.
    Un chisco de sal.
    ½ vaso cumprido de leite.
    1 chorriño de aceite de oliva (opcional).
    Un pouco de auga quente.

    INGREDIENTES PARA A PIZZA:
    Tomate natural esmagado.
    Ourego moído.
    Aceite, allos (2 dentes), prixel, sal e pementa.
    150 grs. de touciño entrefebrado.
    400 / 500 grs. de cogomelos.
    Mozzarella (queixo de fundir).
    Coprinus comatus.

    PREPARACIÓN DA MASA:
    Nunha cunca, ponse a fariña, en forma de volcán, facendo unha focha no centro. Bótase o fermento disolto en ½ vaso de auga quente. Nun pouco máis de ½ vaso de leite, bótase o sal. Engádense o leite co sal e o chorriño de aceite (opcional). Amasar ben e deixar que fermente, tapando o recipiente cun pano, ata que alcance o dobre do volume inicial. Amásase de novo e esténdese para elabora-la pizza.

    PREPARACIÓN DA PIZZA:
    Ponse o tomate a macerar co ourego en po ( mellor unhas 3 horas antes). Refogar nunha tixola, co aceite, os allos e mailo touciño entrefebrado. Unha vez que o allo estea á metade da cocción, engádense os cogomelos, limpos e picados e tápase a tixola para que solten o seu zume. Engádese o sal, a pementa e o prixel, ó gusto. Deixar a lume lento, ata que estea cociñado. Unha vez estendida a masa e colocada na bandexa de forno, engádese o tomate macerado, estendéndoo ben, enriba da masa.
    Póñense por riba os cogomelos cociñados, estendéndoos por toda a masa.
    Cóbrese todo con mozzarella. Métese no forno, previamente quentado a uns 220 graos, durante 10 ou 15 minutos.
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica