• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • Revolto de fungos da muña






    INGREDIENTES:
    300 gr. de setas Lactarius deliciosus ( ou outros lactarios comestibles ).
    8 ovos.
    Aceite de oliva.
    Allos.
    150 gr. de xamón.

    PREPARACIÓN:
    Bótanse dúas ou tres culleradas de aceite nunha tixola e refrítense os allos ben picados en anacos miudiños, sen que se queimen; engádese o xamón, picado e as setas previamente lavadas e troceadas e deíxanse facer ben ata que se consuma a auga que desprenden.
    A continuación bótanse os ovos sen bater e remóvese ben de forma que quede callado pero zumoso.
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica