![15](gfx/cartelera/15.jpg)
![14](gfx/cartelera/14.jpg)
![13](gfx/cartelera/13.jpg)
![12](gfx/cartelera/12.jpg)
![11](gfx/cartelera/11.jpg)
![10](gfx/cartelera/10.jpg)
![9](gfx/cartelera/9.jpg)
![8](gfx/cartelera/8.jpg)
![7](gfx/cartelera/7.jpg)
![6](gfx/cartelera/6.jpg)
![5](gfx/cartelera/5.jpg)
![4](gfx/cartelera/4.jpg)
![3](gfx/cartelera/3.jpg)
![2](gfx/cartelera/2.jpg)
![1](gfx/cartelera/1.jpg)
Doce de pe azul
![](/gfx/Blog/images/receta_09.gif)
INGREDIENTES:
300 g de Lepista nuda.
Un litro de leite.
Sete culleradas de fariña.
Dúas culleradas de maicena.
Tres culleradas de sucre.
Sal.
PREPARACIÓN:
Ponse unha cazola con leite, fariña, sucre e un pouco de sal ó lume.
Mestúrase todo ata que non queden grumos e déixase ferver ata que se faga unha pasta.
Límpanse os cogomelos e córtanse en anacos pequenos, frítense nunha tixola para que solten a auga que teñen. Cando estean feitas, mestúrase todo removendo ben. Despois bótase a pasta nunha bandexa e deisaxe enfriar.
Cando estea fría, córtase en anacos e rebózase en fariña e ovos. Frítense en abundante aceite e por último esparéxeselle sucre por riba delas.