Tarta de queixo con marmelada de cantarelas
INGREDIENTES:
Marmelada:
300 gr. de cogomelos.
200 gr. de azucre.
1 pequena cullerada de canela en po.
1/4 parte dun vaso de auga.
Tarta:
1/2 kg. de nata montada.
2 tarrinas de queixo Philadelphia.
1 sobre de xelatina sabor piña.
2 litro de auga.
Base:
200 gr. de manteiga.
30 galletas tostadas.
PREPARACIÓN:
Marmelada:
Lava-los cogumelos. Deixalos escorrer. Coa auga, azucre e a canela cocer nunha ola a presión durante15 minutos e logo pasala pola batedora.
Deixar enfriar.
Base:
Tritúranse as galletas e mestúranse coa manteiga que ten que estar branda pero non derretida.
Trabállase ben, estírase e fórrase un molde redondo ( este deberá ser desmontable).
Tarta:
Disólvese o contido dunha bolsa de xelatina sabor piña en 1/4 litro (250 ml) de auga fervendo. Remexer ata a súa completa disolución e engadir 1/4 litro(250 ml) de auga fría e remexer.
Deixar enfriar. Mestúrase a nata, o queixo e a xelatina xa fría e vérquese sobre a base. Deixar enfriar na neveira e unha vez fría, desmóldase e cúbrese coa marmelada e xa está lista para servir.
(Se se fai a véspera, queda mellor).