• 15
  • 14
  • 13
  • 12
  • 11
  • 10
  • 9
  • 8
  • 7
  • 6
  • 5
  • 4
  • 3
  • 2
  • 1
  • PREVISIÓN PARA O SABADO 12 DE MAIO DE 2018

    O sábado 12 de Mayo teremos na Sede dos Cogordos, na Rúa Parrada Xustel, nº 2 sóto, a Asamblea Xeral Ordinaria anual da Federación Galega de Micoloxía a que asistiran os membros das Xuntas Directivas das Asociacións ou Agrupacións pertecentes a Federación Galega de Micoloxía, será as 10:30 horas en primeira convocatoria e as  11:00 horas en 2ª convocatoria, co seguinte ORDE DO DÍA:
    1º- Lectura e aprobación, se procede,  de acta anterior
    2º- Estado de contas. Situación económica actual.
    3º-Xestións realizadas neste primeiro ano.
    • Novos socios
    • Novos carnets
    4º- Proposta de actividades económicas.
    5º.- Proposta de actividades
    • Revista Tarrelos
    • Catálogo de especies de Galicia
    • Semana Micolóxica Galega
    6º.- Rogos e suxestions.

     O rematar a mesma, os membros da asamblea, xunto cos acompañantes das suas asociacións, trasladaranse as instalacións que a Xuntanza de Micologos Os Cogordos temos en Montecelo (Nogueira de Ramuín).

    Namentras, os Socios dos Cogordos, encontraranse nas instalacións de Montecelo (Nogueira de Ramuín), desde as 9,30 - 10,00 horas da maña, preparando todo para que as 14,00 horas poidamos todos, Socios de Os Cogordos e aistentes a Asamblea e socios das outras Asociacións invitadas, sentarnos a mesa e disfrutar de una Xornada de confraternización e un bo Xantar, e por iso e necesario que estedes alí a botar a man desde primeiras horas da maña.
    Despois do xantar, tense pensado si o tempo o permite, facer unha pequena saida micolóxica polas inmediacións.

    Lugar: No nosos terrenos de Montecelo (Nogueira de Ramuin)

    Hora: A partires das 9,30 da maña, para axudar a preparar todo para o xantar.

    (Actividade para socios e membros das Asociacións / Agrupacións da FGM anotados).
    Cogordos - Xuntanza de micólogos
    ACV Galaica