Información sobre a xuntanza coa Federación Galega de Micoloxía dos días 6, 7 e 8 de decembro
Estimados socios da Agrupación Micolóxica Os Cogordos:
O noso amigo, e Presidente da Federación Galega de Micoloxía, Chemy Traba, envíanos o seguinte correo:
Estamos a preparar a Xuntanza Micolóxica da que falamos na Asamblea Xeral de Maio.
Necesitamos para poder abordar do xeito máis real posible estancias, comidas e saídas saber o número aproximado de participantes. Para isto pedímosvos que preguntedes aos vos@s soci@s se teñen intención de asistir e que fagades vós a lista de participantes dentro da vosa asociación. Estes son os datos:
Primeira Xuntanza-Encontro micolóxico da FGM para identificación e clasificación de especies que terá lugar os vindeiros 6, 7 e 8 de decembro na comarca de Ferrolterra, Cabanas, Miño, Fene, Pontedeume… O formato desta "xuntanza" é o habitual neste tipo de encontro; saídas o monte pola mañá e traballo de identificación pola tarde. O traballo de identificación terá lugar na sede dos nosos compañeiros da Asociación Micolóxica Viriato en Maniños-Fene . As saídas matinais do venres, sábado e domingo celebraranse en lugares próximos ao local de identificación, especialmente nas praias da contorna e Fragas do Eume. Teremos espazo para microscopios, lupas e secadores. O que non dispoña de microscopio ou lupa pode continuar a recoller exemplares ou aprender cos que fan microscopía ou adicar o tempo o que máis apeteza.
Moitos de vós xa sabedes en que consiste este tipo de encontros e podedes explicalo con máis detalle. A idea é pasar uns días de fraternidade, compartir experiencias e iniciar novos proxectos para FGM. Será o primeiro pero seguirán outros, cada ano ou cada dous anos.
O encontro comenzaría o venres día 6 pola mañá. Finalizaría o domingo despois de xantar.