Actividades
CONFERENCIAS impartidas por expertos e por membros da Sociedade Micolóxica, en Ourense e provincia.
Participación do centro de Lourizán ou do Botánico de Madrid. Expertos como D. Francisco de Diego Calonge, D. Luis Freire e Dna. Marisa Castro, D. Mariano García Rollán, D. Antonio Rigueiro, D. Álvaro Zugaza Bilbao, D. Juán José Lastra, D. Pedro Roca Romalde, cociñeiro dun programa da TVG, D. Francisco de Ana Magán do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán, etc.
REUNIÓNS e asistencia a sesións da Federación Galega de Micoloxía en diferentes puntos da comunidade autónoma, como Monterroso, Monforte, Lugo, Vilagarcia de Arousa...
Participación nas SEMANAS MICOLÓXICAS organizadas por outras asociacións (Vigo, Mondariz, Porriño, Monforte, Lugo, Vilagarcía, Pontevedra...).
CURSOS de iniciación á micoloxía impartidos por membros da sociedade en Ourense, Ribadavia, Monforte, etc.
CONCURSOS de debuxo en centros escolares (colexios Irmáns Villar, Manuel Luis Acuña, Casardomato, instituto das Lagoas, Otero Pedrayo, Blanco Amor, etc., onde se lles impartiron charlas informativas ós alumnos e realizáronse semanas micolóxicas.
CONCURSOS de fotografía e elaboración de diapositivas.Participación no Outono Fotográfico de Ourense (ano 99).
EXPOSICIÓNS anuais no Liceo de Ourense, que amablemente cede, dende o ano 1985, os seus salons, con gran participación de socios e afluencia de público. Tivo gran repercusión na prensa local, e o famoso humorista Xosé Lois O Carrabouxo sempre dedica ese día a viñeta ó tema da micoloxía.
EDICIÓNS DE CARTEIS con motivo da exposición.
REUNIÓNS semanais, tódolos luns do ano, para a clasificación de especies (durante a temporada) ou para a programación de actividades. Para este fin úsaronse diferentes locais, ó non contar cunha sede fixa (Ateneo de Ourense, Delegación Provincial de Turismo, Liceo de Ourense (entidade que concedeu a MEDALLA DE OURO á nosa Sociedade Micolóxica no ano 2000 e ca mentemos actualmente unha boa relación)....). Actualmente celébranse no local social que temos en aluguer na capital sito na rúa Parada Justel nº 2 soto (fronte o edificio de correos). Tamén contamos cunhas parcelas de monte arborado, nas proximidades da cidade (concellos de Nogueira de Ramuín e Pereiro de Aguiar), propiedade da asociación, que nós chamamos parque micobotánico. Témolas dedicadas para o desenvolvemento das clases prácticas dos cursiños por nós realizados; para o estudio e traballos de seguimento dos cogomelos que están presentes nestes hábitas, así como lugar de espazamento dos nosos socios.
SAÍDAS PARA TRABALLO DE CAMPO, dos socios ou persoas interesadas no tema que queiran participar na recollida de cogomelos. (Repártense folletos explicativos de cómo recoller correctamente e do que non se debe facer no bosque).
EXCURSIÓNS para visitar explotacións micolóxicas (Bandeira, Lourizán...).
EDICIÓN de pins. Actualmente hai doce: Amanita muscaria (ano 1997); Lepiota procera (ano 1998); Boletus edulis (ano 1999); Cantharellus cibarius (ano 2000); Coprinus Comatus (ano 2001); Morchela conica (ano 2002); Amanita caesarea (ano 2003); Lactarius deliciosus (ano 2004); Lepista nuda (ano 2005); Boletus calopus (ano 2006); Astraesus higrometricus (ano 2007); Russula emetica (ano 2008).
PARTICIPACIÓN en congresos: Galaico-Luso, en Santiago, en Chantada, en Lugo...
CONFERENCIAS nos primeiros Encontros Pedagóxicos de Mestres, celebrados en Ourense, co tema “Introducción á micoloxía”, impartidas por membros da sociedade.
PARTICIPACIÓN como expositores no primeiro, segundo e terceiro Salón Internacional da Alimentación, celebrados no Pavillón de Expourense (Ourense) nos anos 1996, 1997 e 1999 así como varios anos no salón gastronómico Xantar, tamén en Expourense.
ADQUISICIÓN de material: libros, armarios arquivadores, teas co anagrama e diverso material para a exposición, proxector de diapositivas e de opacos, cañón para presentacións, etc.
ELABORACIÓN dun libro sobre Micoloxía e receitas de cociña dos cogomelos (Do monte o prato)